Libros

Malpaís

Una joven aparece asesinada en el en el malpaís de La Rasca, en el sur de Tenerife, con signos de violencia brutal.

El inspector Sabino Naseiro se hará cargo del caso. Ayudado por su equipo pronto descubrirá que no se trata de un hecho aislado. Drogas, abusos, peleas de perros irán adjuntándose al expediente para dar cuenta de que nada es lo que parece en ese rincón del mundo donde impera la ley del sol que rompe las piedras.



Alén do remuíño

Xoel posúe unha imaxinación portentosa. Pode ver dragóns alí onde os demais só ven lagartas, sereas nadando nos charcos, un rabaño pastando na lúa, gnomos choutando no arco da vella…máis este don marabilloso tan só semella traerlle desgrazas.

Un novo traslado no traballo do seu pai obríago a cambair de escola, e hoxe precisamente é o primeiro día. A expericencia resulta traumática e algúns compañeiros recíbeno con formas pouco amábeis. Malia que Xoel trata de evitar problemas, á fin hase ver inmiscido en asuntos disciplinarios.

Entristecido, asume que o seu maxín voador é unha negra maldición. Porén no momento de cumplir o castigo, desencadeanse uns misteriosos acontecementos que lle farán compreder que nesta vida nada é o que parece, e que hai no mundo cousas invisíbeis que, moitas veces, son máis importantes que aquelas que se ven.


Os abismos da noite eterna

Triloxía de fantasía épica.

Unha fenda ábrese no Muro que separa os reinos dos humanos da paraxe infernal coñecida polo nefasto nome de Ermo. As entrañas da terra cuspen unha esencia escura e un berro atronador fai tremer até os alicerces dos castelos máis seguros.

Alianza ve a negra gadoupa da noite eterna estricada sobre ela. É a hora de loitar ou sucumbir ás tebras. Non hai máis futuro que empuñar o aceiro ou acostumarse a agarrar día a día, até a fin dos tempos, as reixas malditas da escravitude.

A %d blogueros les gusta esto: